O mércores 3 de abril a escritora Antía Yañez veu ao noso instituto a falarnos sobre o seu libro “O Misterio de Portomarín”. Con tan só 27 anos fíxonos unha exposición que impresionou a todo o alumnado.
Explicounos no que se inspirou para escribir o libro. Tamén nos contou algunhas anéctotas persoais.
Para escribir o libro baseouse en historias que a súa familia lle contara cando era pequena e para a creación dos personaxes inspirouse nos seus veciños de Cambre, non lles puxo o seu nome senón a súa inicial, para nomear a Antón inspirouse en Anxo, para Sabela en Sara, para Carola en Claudia e para Iria en Inés.
Ela sempre soñou con encontrar un tesouro nas ruínas da presa, como nunca o atopou, decidiu escribir un libro no que en vez dun tesouro se atopaba un óso xa que a ela lle encantan as novelas de misterio e medo. Como normalmente nas novelas de misterio só aparecen homes, decidiu escribir unha historia de catro irmáns dos cales tres personaxes son nenas.
Recentemente publicou outro libro: "Senlleiras"e falounos un pouquiño sobre el, díxonos que podiamolo ler máis adiante xa que é para rapaces de maior idade, (4º ESO e 1º BAC).
Antía contounos que este ano vai publicar outro libro de misterio cos mesmos protagonistas que situará en Burela, o seu lugar de nacemento.
Grazas Antía pola túa visita, esperamos que volvas pronto.
Carla Gómez Iglesias, Carmen Morandeira Cibeira, Noa Pardiñas Ujeda e Xiana Vázquez Mosquera, 1º E.S.O. B
0 comentarios