Visita online á exposición de Isaac Díaz Pardo

por - 12.4.21

Unha das actividades organizadas este curso polo equipo da Biblioteca, tróuxonos ao centro a exposición de Isaac Díaz Pardo no Museo Gaiás, que vos presentamos nesta entrada.

A través de imaxes, grabacións audiovisuais, entrevistas, etc., o alumnado de 2º Bacharelato F e G tivo a oportunidade de coñecer a figura deste personaxe tan importante para a cultura e as artes galegas, que nos deixou herdanzas tan importantes como a cerámica de Sargadelos, o Laboratorio de Formas e a editorial Edicións do Castro.

A actividade contou coa colaboración do Departamento de Artes Plásticas e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.





You May Also Like

0 comentarios


---