Compartimos as imaxes da entrega dos premios dos certames celebrados co gallo do Samaín, que organizou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración coa Biblioteca. Parabéns a todos os premiados!
Hai 5 meses
Celebramos o Samaín no instituto cos tradicionais concursos de decoración de cabazas e de microrrelatos.
Xa temos as cabazas galardoadas no noso concurso de samaín deste ano. Os integrantes do Equipo de Dinamización de Lingua Galega valoraron a súa calidade plástica, así como o lema que as acompañaba.
Grazas a todos por participar e parabéns ás alumnas galardoadas polas súas creacións:
María Soto García, 1º ESO
Natalia Pérez Alvarado, 1º Bacharelato
Estas foron as cabazas tan chulas que presentastes este ano ao concurso do samaín. Moitas grazas a todos por participar! Na próxima publicación poderedes ver as máis votadas:
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega delibera sobre os premios do concurso de microrrelatos de terror do pasado Samaín:
Xa se acerca de novo a celebración do Samaín, que tanto nos gusta celebrar sempre desde os Equipos de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca. Este ano as actividades estanse vendo moi limitadas pola situación sanitaria e non podemos organizar todo o que nos gustaría.
Empezamos cunha actividade que o curso pasado vos gustou moito. Agardamos concurso de microrrelatos de terror volva a inspirarvos a crear historias de medo. A continuación tedes as bases da convocatoria.
